O Vasán-Cubik Seguros A Estrada Futsal realiza todos os seus desprazamentos coa Empresa de estradense Autocares Aguións. Aquí no momento da chegada á cidade olívica, ao pavillón municipal das Travesas. No autobús non só se desprazan os xogadores, corpo técnico e directivos; senón que tamén o fan os membros da peña "6 Kinsi Boys" e afeccionados que o desexen ata completar o número total de prazas dispoñibles.