O A Estrada Futsal feminino afronta un dobre reto

   O A Estrada Futsal feminino vive hoxe dous importantes partidos. O equipo A recibe no desterro de Cuntis ao Ourense Envialia nun partido clave na parte alta da Primeira Autonómica. O choque dará comezo ás 19.00 horas. Pouco antes, ás 16.30 horas, o equipo B pecha a tempada visitando a pista do Barro. As estradenses chegan á xornada decisiva dependendo de si mesmas para proclamarse campioas da Liga Local de Pontevedra e conseguir dese xeito o ascenso a Liga Galega. Ao A Estrada Futsal B só lle serve unha vitoria ante o Barro para asegurarse o primeiro posto final, xa que tanto co empate como coa derrota poderíanse ver superados polo Tenorio si vencen.

(Faro de Vigo, 10/03/2018).

 Unha final por partida dobre

O A Estrada Futsal xógase o podio final da Liga Autonómica ante o poderoso Ourense, o mesmo día que o equipo B pode proclamarse campión da súa liga

FemininoA2

Formación dos equipos femininos do A Estrada Futsal no seu adestramento de onte. // Bernabé/Cris M.V.

   O A Estrada Futsal vivirá o vindeiro sábado unha xornada especial na que se vivirá dous importantes partidos para a súa sección feminina. O equipo A recibe no desterro de Cuntis ao Ourense Envialia nun partido clave na parte alta da Primeira Autonómica. Pouco antes, o equipo B pecha a tempada visitando a pista do Barro. As estradenses chegan á xornada decisiva dependendo de si mesmas para proclamarse campioas da Liga Local de Pontevedra e conseguir dese xeito o ascenso a Liga Galega.

   O primeiro dos partidos que se vivirán será o do novo equipo filial. As estradenses xogan a partir das 16.30 horas na pista do Barro. Chegan a esta xornada final na primeira posición da clasificación con 26 puntos. Un paso por detrás está o Tenorio B, o único equipo que pode arrebatarlles o título de campioas. Ao A Estrada Futsal B só lle serve unha vitoria ante o Barro para asegurarse o primeiro posto final, xa que tanto co empate como coa derrota poderíanse ver superados polo Tenorio si vencen.

   "Hai que gañar si ou si", recordou o adestrador Manuel González "Manuti", quen cualificou ao Barro como un rival complicado para esta última xornada. "Para min é un dos mellores equipos da categoría. Todo apuntaba a que estarían aí arriba ata o final xogándose o título connosco, pero se descolgaron logo de perder sorprendentemente os dous últimos partidos". Manuti ve ao seu equipo preparado para competir na categoría superior, aínda que remarcou que o posible ascenso será algo que terá que decidir o club estradense, xa que implica moitos máis gastos.

   A segunda "final" do A Estrada Futsal será ás 19.00 horas co equipo A como protagonista. Unha das novidades deste partido é que se disputará no desterro de Cuntis, debido a que o Coto Ferreiro estará ocupado cunha cita feiral. Este motivo obrigará tamén a cambiar de escenario o partido do equipo masculino. O Inversia recibirá ao Ribeira en Cuntis o domingo a partir das 12.00 horas.

   Manuti recoñeceu que o cambio de escenario será un problema engadido para o seu equipo, que nin sequera puido adestrar en Cuntis para adaptarse. "É unha pena porque no Coto Ferreiro gañamos todos os partidos que xogamos, pero este pavillón será novo para os dous equipos. Esperemos que nos traia sorte", afirmou. Esa pizca de sorte será a que necesitarán para vencer ao que é considerado polo propio adestrador como o mellor equipo da categoría. O Ourense Envialia B figura na segunda posición da clasificación con 47 puntos, a dous do líder Leis de Pontevedra. As estradenses pola súa banda marchan cuartas con 37, aínda que xogaron un partido menos. Nesta situación, unha vitoria situaría ás de Manuti a sete puntos dos postos de ascenso, con 3 máis que poderían gañar do partido aprazado. O mellor con todo é que meterían presión ao Bembrive, equipo que é terceiro e que está a cinco puntos.

   "O empate do pasado fin de semana foi un paso atrás pero temos a confianza e a ilusión de poder competir co Ourense. Sería bonito vencer e poder manterse ata o final de tempada entre as catro mellores desta liga", manifestou Manuti, quen contará para este partido coa baixa de Sonia e a dúbida de Nati por un esguince.Confía con todo en recuperar a Luchi para este importante encontro.

(Faro de Vigo, 08/03/2018).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect