Cara e cruz na importante xornada do A Estrada Futsal

FemininoA. Cuntis

Eva, durante o partido xogado en Cuntis. // Bernabé/J. Carlos Asorey

   O A Estrada Futsal viviu unha importante xornada nun fin de semana marcado polo seu obrigado desterro ás pistas de Cuntis. A nota positiva púxoa o equipo de Marcos Sesar, que venceu por 6-2 ao Ribeira, un rival directo na parte alta. Os visitantes adiantáronse no primeiro minuto, pero os estradenses reaccionaron ben para poñer o 3-1 con dous goles de Moro e un de Xulio. Simón, Moro e Xulio pecharon a conta. O equipo segue terceiro na táboa.

   As de Manuti pola súa banda encaixaron unha derrota por 1-2 ante o Ourense Envialia B. As visitantes puxéronse 0-2 e Alba recortou diferenzas.

(Faro de Vigo, 12/03/2018).

O A Estrada Futsal recibe ao Ribeira en Cuntis

O equipo feminino B derrotou ao Barro e coroouse como campión da súa liga

FemininoB

O equipo feminino B proclamouse onte campión da súa liga

   O A Estrada Futsal recibe hoxe a partir das 12.00 horas no pavillón de Cuntis ao Ribeira. A celebración de varias citas feirais no Coto Ferreiro obrigou ao club estradense a este exilio ante un partido importante cun rival directo na parte alta. Os estradenses marchan terceiros con 43 puntos na súa conta, mentres que os de Ribeira son sextos con 37 puntos. "É un partido difícil, pero non nos queda outra que gañar. Xogamos ante un equipo veterano, ao que sempre nos custa gañar e que virá con ganas de meterse máis preto dos primeiros; pero nós temos que dar a cara, e máis xogando en casa", afirmou o técnico Marcos Sesar, quen convocou a todos os seus xogadores ante a dúbida do estado físico de Gianzo, Tojo e Kinso.

   Un dos partidos da tarde foi con todo o do equipo B feminino, que se xogaba o título da Liga Local na última xornada. Finalmente venceron ao Barro por 0-4 para proclamarse campioas.

(Faro de Vigo, 11/03/2018).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect