O A Estrada Futsal cae na pista do Culleredo e deixa o título en mans do Ourense

Os estradenses víronse penalizados polos seus erros nas dúas áreas

   O Inversia A Estrada Futsal enterrou onte as súas opcións de alcanzar ao sala Ourense no alto da clasificación da Terceira División. A súa derrota na pista do Culleredo por 4-3 deixa o título en mans dos ourensáns, que hoxe poden dar un paso case definitivo si conseguen vencer ao Carballiño. Os de Sesar viaxaban a Culleredo coa intención de derrotar a un rival de peso e manter a presión sobre o líder pero caeron derrotados nun partido de poder a poder que decantaron en gran medida os seus erros.

   Os estradenses tardaron pouco en adiantarse. A xogada de saque de centro serviu para poñer o 0-1 no marcador. A primeira parte deixou boas sensacións por parte do equipo de Sesar, que soubo controlar ao seu rival e xerar ocasións á contra. Antes do descanso con todo os locais lograron poñer o 1-1. Na segunda parte, o Culleredo marcou pronto. A partir de aí o partido foi claro para o A Estrada Futsal, con claras contras nas que explotaba a súa maior velocidade ante un rival veterano ao que lle custaba replegarse. Nesa fase do partido decidiuse en gran parte o resultado, con varias ocasións moi claras malgastadas polos estradenses e erros importantes que custaron goles en contra. O infortunio ademais cebouse con eles, encaixando o tanto do 4-3 nunha xogada desafortunada.

   O equipo cadete pola súa banda viaxaba á pista do Terra de Montes coa opción de proclamarse campión de liga si gañaba. Terminaron con todo empatando (4-4). O título chegoulles con todo horas despois co tropezo do seu perseguidor.

(Faro de Vigo, 08/04/2018).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect