A Estrada Futsal reúne hoxe a 33 equipos no seu torneo de base

   O pavillón Coto Ferreiro da Estrada acolle hoxe a terceira edición do Torneo de Fútbol Base organizado polo A Estrada Futsal xunto ao Concello da Estrada e co patrocinio de Supermercados Día. Habilitaranse tres pistas para xogar un total de 76 partidos das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Este torneo desenvolverase ao longo de todo o día, pola mañá coa fase de grupos e pola tarde coas semifinais e final. Están inscritos 33 equipos, polo que participarán en torno a 400 xogadores. Desde o club estradense recordaron que se trata dun evento que move a un gran número de persoas, sumando a esa cifra os adestradores e familiares.

(Faro de Vigo, 17/05/2018).

Torneo de Fútbol Sala Base organizado polo A Estrada Futsal
torneo futbol.BaseIII

Bernabé/Cris M.V.

    O Coto Ferreiro da Estrada acolleu onte a terceira edición do Torneo de Fútbol Base organizado polo A Estrada Futsal. Participaron 33 equipos nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Para a ocasión habilitáronse tres pistas, con 76 partidos ao longo de toda a xornada. En benxamíns gañou o Ventorillo, con Vitoria e A Peña segundo e terceiro. En alevíns venceu o Stellae por diante de Ventorillo e Vitoria, e en infantís Trebón, con Ventorillo e Os Meigallos por detrás. En cadetes tamén gañou Ventorillo, sendo segundo e terceiro Ancoradouro e Compañía María. A Estrada Futsal venceu en xuvenís por diante de Terra de Montes e Meigallos.

(Faro de Vigo, 18/05/2018).

Día de fútbol sala de base na Estrada

IIITorneo

   Máis dunha treintena de equipos gozaron onte nas canchas do pavillón Coto Ferreiro da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala de Base, organizado polo A Estrada Futsal en colaboración co Concello. Acudiron conxuntos das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, disputándose en horario matinal as fases de grupo para deixar para a tarde os encontros de semifinais e finais. Unha festa do fútbol sala con preto de catrocentos xogadores e con numeroso público nas gradas.

(La Voz de Galicia, 18/05/2018).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect