O A Estrada Futsal xoga un partido clave ante o Coruxo

   EduO Mimela-Inversia A Estrada Futsal disputa hoxe un partido clave na loita polo ascenso. Os estradenses visitan a pista do Coruxo, cuarto clasificado, a partir das 17.00 horas. A falta de sete xornadas, os de Sesar son segundos, cun partido e catro puntos menos que o líder, o Pazos de Borbén. Nesta situación o seu obxectivo é presionar ao líder o máximo posible á espera dun fallo. Nese obxectivo os seus compromisos máis complicados do que lles queda por diante serán nas próximas tres xornadas, con Coruxo, Bueu e Coruña como rivais da zona media-alta. Nas últimas catro xornadas, os seus rivais serán da parte baixa.

   "As próximas tres xornadas van marcar a competición, polos nosos partidos e polos seus. Debemos saír desta fase da tempada o mellor posible. Eles van terminar pinchando. O que temos que intentar é non facelo nós", afirmou Sesar. O seu primeiro paso debe ser gañar nunha das pistas máis complicadas da categoría. "Son un gran equipo, pero nós temos que ir a por o partido desde o primeiro minuto", sentenciou. Os estradenses lamentaron a baixa de Edu, que se atopa nun gran estado de forma.

(Faro de Vigo, 4/03/2017).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect