O A Estrada Futsal imponse en Coruxo nun duelo moi parello

   Vitoria de relumbrón a que onte conseguiu o Mimela-Inversia A Estrada Futsal no barrio vigués de Coruxo. Os de Marcos Sesar derrotaron por 4-8 ao Talleres ABC IES Coruxo FS nun partido moi parello, tal e como recoñeceu o propio Sesar á conclusión. Os dous Hat Trick de Moro e Simón, e os dous goles asinados por Julio pecharon o marcador para os do Coto Ferreiro nun intenso partido onde os da Estrada melloraron durante a segunda metade. O Coruxo mantívose no partido, sobre todo na primeira parte, a base de perigosas contras que foron contrarrestadas na reanudación polo Mimela-Inversia cunha boa actuación da primeira liña visitante trala modificación en ataque decretada polo seu adestrador. O Mimela-Inversia formou no polideportivo de Coruxo con Hugo, Botel, Ulla, Kinso e Moro. Tamén dispuxeron de minutos César, Rebo, Toño, Tojo, Julio e Simón.

(Faro de Vigo, 5/03/2017).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect