O A Estrada Futsal, a un punto do líder tras arroiar ao Bueu
Os estradenses asinaron un gran partido e non desaproveitaron a súa oportunidade

Bueu2

Imaxe do partido celebrado onte no pavillón Coto Ferreiro. // Bernabé/Luismy

   O Mimela-Inversia A Estrada Futsal fixo onte os deberes ante un Bueu que nunca deu a sensación de poder levarse algún punto do Coto Ferreiro e que terminou encaixando un claro resultado en contra (14-3). Os estradenses afrontaban este partido coa premisa de gañar para situarse a un punto do liderato que ocupa o Pazos de Borbén, quen nesta xornada gozaba da súa xornada de descanso. Con esta vitoria, o equipo que dirixe Marcos Sesar pode presionar ao líder de aquí ao final de liga, con cinco apaixonantes xornadas aínda por disputarse. 

   "Quédannos cinco partidos por diante e o que nos toca é gañar os cinco. Despois xa veremos si o Pazos de Borbén falla", manifestou o adestrador estradense trala súa vitoria. A favor de Mimela-Inversia xoga o seu calendario, xa que no tramo final de tempada mediranse a equipos da zona media baixa da táboa, mentres que o seu rival farao contra equipos situados na parte alta. 

   O Bueu chegaba ao Coto Ferreiro coa vitola de ser o rival máis duro dos que lle quedaban por xogar ao equipo estradense. Os de Sesar, a pesar do marcador final, comezaron por detrás. Ese 0-1 foi un só un engano. Os locais comezaron a arroiar ao seu rival e case cada unha das súas ocasións terminaba por converterse en gol. Esa choiva de goles fixo que o marcador chegase a verse un claro 7-1, cun 8-2 ao paso por vestiarios. Esa gran primeira parte dos estradenses fixo que o Bueu baixase os brazos antes de tempo, deixando unha segunda parte sen historia na que os de Sesar aproveitaron para ampliar a súa conta ata os 14 tantos finais. 

   "Houbo moita diferenza entre os dous equipos. Notouse que equipo estábase xogando e cal non. Eles viñan con varias baixas e en canto comezaron a caerlle goles na primeira parte fóronse do partido", manifestou o adestrador estradense.

(Faro de Vigo, 12/03/2017).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect