O A Estrada Futsal, cun menos
O colexiado impide xogar a Adrián Díaz, malia usar unhas lentes homologadas

CadeteA2

Adrián Díaz, con gafas, xunto ao resto do equipo. // Bernabé/Adrián Rei

   A polémica xurdiu na mañá de onte durante o partido entre o A Estrada Futsal cadete A e o Cotobadés. O colexiado da contenda non permitiu xogar ao local Adrián Díaz Rodríguez, que acudiu ao encontro lucindo unhas lentes "que están completamente homologadas, tal e como llo fixemos saber ao árbitro",explicou o pai do xogador e directivo do club da Estrada, José Antonio Díaz. O trencilla da contenda, de Moraña, negouse en rotundo a que Adrián Díaz participase na contenda malia que "no descanso ensinámoslle a normativa, pero insistiu en que non se podía xogar con lentes", engadiu o directivo. 

   Adrián Díaz, de 14 anos, leva oito xogando de xeito regular co A Estrada Futsal sen que nunca tivese problemas para facelo coas súas lentes especiais. Os pais do mozo teñen pensado reclamar ante a federación o incidente que consideran "un claro caso de discriminación". Mentres tanto, desde o club declinábase facer onte ningunha declaración respecto diso ata coñecer os termos do regulamento oficial. De feito, o punto 24 das bases complementarias ao regulamento xeral e disciplinario da delegación provincial de Pontevedra da Galega de fútbol sala indica que "os xogadores que usen lentes poderán ser alineados sempre que estas sexan homologadas". Os proxenitores de Adrián aférranse á literalidade da norma para conseguir que o seu fillo nunca volva ter máis problemas para xogar portando as súas lentes. 

Terceira División 

   Por outra banda, o Mimela-Inversia A Estrada Futsal viaxa hoxe ao Barrio das Flores para medirse ao Academia RedBLUE5 Coruña a partir das 12.00 horas nun encontro onde poderían levantarse ao liderato. Marcos Sesar perde a Kinso por lesión para unha cita importante, aínda que "non dependemos de nós mesmos para ser primeiros", recordaba onte o técnico dos do Coto Ferreiro á espera do que faga o actual líder, Pazos de Borbén, noMunicipal dos Remedios de Ourense. "É un partido difícil porque xogamos nunha cancha que non se nos dá nada ben", asegurou un Marcos Sesar que tamén espera un partido disputado en terras coruñesas esta mañá.

(Faro de Vigo, 19/03/2017).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2024 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect