O ADFS Bueu sucumbe a catro segundos do final

   A Agrupación Deportiva Fútbol Sala Bueu volveu deixar escapar un partido no último minuto e acabou caendo derrotado por 3-4 ante o Estrada Futsal nun choque no que os buenenses pagaron moi caros os seus numerosos erros. O último minuto foi de auténtica tolemia, con dous equipos envorcados en busca do triunfo. Os locais reclamaron un dobre penalti non pitado e gozaron dun contragolpe claro de tres para dous que desperdiciaron, ocasionando a resposta visitante, co Estrada Futsal sentenciando a falta de só catro segundos.

   Antes o choque arrincara con dous equipos defendendo moi arriba e cos de Javi Santos golpeando primeiro grazas ao acerto de Toño. Con todo, en dous erros dos buenenses chegou o empate do Estrada antes do descanso. Na reanudación foron os visitantes os que se adiantaron e pouco despois Adri empataba. Todo ata un decisivo e fatídico minuto final.

(Faro de Vigo, 09/11/2016)

O Mimela-Inversia gana en autoestima tras impoñerse ao ADFS Bueu no Morrazo
Os de Marcos Sesar protagonizaron un trepidante partido no Pablo Herbello

   O Mimela-Inversia A Estrada Futsal conseguiu onte moito máis que os puntos en xogo durante a súa visita ao feudo do ADFS Bueu. Os de Marcos Sesar impuxéronse no Municipal Pablo Herbello por un marcador de 3-4 logo dun partido moi vistoso para o espectador. O conxunto da Estrada sóubose refacer logo de encaixar un 2-0 de inicio, e grazas aos tantos de Tojo e Moro chegar con táboas ao descanso.

   Na reanudación, Xulio fixo o terceiro para o cadro do Coto Ferreiro que, con todo, chegou aos últimos instantes cun empate a 3 no electrónico. O último minuto resultou ser unha auténtica tolemia por ambas partes, con perdas de balón e contragolpes malogrados ata que a falta de 4 segundos Kinso culminase a definitiva contra para facerse coa vitoria. Sesar recoñecía ao final do choque que "foi un partidazo ante o mellor ao que nos enfrontamos ata agora". O adestrador do Mimela-Inversia considera que o partido de onte tennos que lanzar definitivamente e ir para arriba porque gañar en Bueu non é nada fácil".

   O Mimela-Inversia comezou xogando en terras bueuenses cun quinteto formado por César, Moro, Tojo, Edu e Martín. O técnico visitante tamén deu minutos durante o trepidante encontro xogado onte a Simón, Xulio, Ulla, Kinso, Hugo, Botel e Toño.

(Faro de Vigo, 06/11/2016)

A Estrada Futsal gana en Bueu nun encontro de infarto, 3-4

O City Lift feminino caeu nun moi mal partido ante o A Fervenza por 2-8 

City A Fervenza

   O Mimela Inversia A Estrada Futsal cambiou de dinámica. Fíxoo onte ante un rival difícil, o Bueu, a domicilio, nun partido espectacular que acabou gañando 3-4 tras un arranque dubidoso, xogado logo de poder a poder e coa sorte dos campións na última xogada. Marcos Sesar destaca a calidade do partido e que por fin o seu equipo atopouse así mesmo, despexando dúbidas que non tiñan sentido agás polos resultados de partidos previos. Asentado nunha boa defensa «e facendo ben as cousas», os estradense sacaron o partido adiante.

   Un arranque forte dos locais, e 2-0 que os estradense igualaron para irse ao descanso empatados con bo xogo xa nos últimos dez minutos. A segunda parte foi máis do Futsal A Estrada, pero dentro da igualdade ata o final, chegándose ao minuto final 3-3. E foi o máximo para a grada aínda que gozasen si fose na Estrada dado polo desenlace. Foi apoteósico, con tensión máxima. Para non ter nervios. Os estradenses utilizaron porteiro dianteiro. Ataques e contraataques. Faltado 16 segundos un ataque tres contra un dos locais róubano os estradenses e na contra noutro tres contra un conseguen a falta de catro segundos o gol da vitoria. Marcos Sesar, espera que a dinámica cambie definitivamente tras este reforzo moral dos xogadores. O técnico saiu con César, Moro, Martín, Edu e Tojo, de inicio, e logo foi rotando incorporando a Botel, Ulla, Julio, Simón, Toño, Hugo e Kinso. Os goleadores foron Tojo, Moro, Julio e Kinso.

Mal día do City Lift

O sénior feminino, o City Lift A Estrada Futsal, xogou mal e perdeu 2-8 fronte á Fervenza a quen gañara o ano pasado 8-3. Pero o técnico Manuti é claro: «foi un desastre». Un gol no 1-2 por erro técnico arbitral axudou a desestabilizar, xunto a outros infortunios porque o marcador tivo fases de 1-2, 2-4 e un 2-5 en propia meta. O orgullo levou ás xogadoras a facer a guerra pola súa conta e ese é mal camiño. Manuti recorda que o equipo ten crédito e deberá controlar emocións. Marcaron Luz e Eva.

(La Voz de Galicia, 06/11/2016).

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2025 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect