Chispa é baixa e Botel, Kinso e Fabián arrastran molestias
O capitán Fabián arrastra molestias físicas. // Bernabé
O Vasán-Inversia recibe hoxe a partir das 19.00 horas no pavillón Coto Ferreiro ao A Pena Talleres ABC de Vigo. Ambos equipos chegan a este duelo en rachas opostas. Os estradenses loitan por meterse na pelexa polas dúas primeiras posicións. Tralo seu empate do pasado fin de semana na pista do Santiago B, os de Sesar están obrigados a gañar para non perder o ronsel dos dous primeiros, A Pontenova e Ribeira. Marchan nestes momentos terceiros, con dous puntos menos que o segundo clasificado. O A Pena pola súa banda figura na novena posición con só unha vitoria nos cinco partidos que disputou.
Malia a diferenza de puntos, o adestrador local alertou da necesidade de vencer este encontro antes de visitar a próxima semana ao Ribeira. "Na casa témonos que facer fortes. Aquí non podemos perder puntos. Empatar en Santiago ou en Pazos do Borbén é asumible porque son pistas complicadas pero no Coto Ferreiro non podemos fallar. Non podemos mirar máis aló deste partido pero sabemos que o partido de Ribeira non vale para nada si non gañamos antes leste", manifestou.
Os estradenses non poderán contar neste partido con Chispa, por motivos laborais. Contan ademais con tres xogadores tocados, Botel, Kinso e Fabián.
Pola súa banda, o equipo feminino do City Lift visita hoxe a partir das 18.30 horas o pavillón do Ribadeo. As estradenses marchan sétimas e o seu rival é antepenúltimo. Este fin de semana tamén debutan os equipos alevín e infantil do Pastelería Cervela A Estrada Futsal, ambos en Marín.
(Faro de Vigo, 07/11/2015).
O Vasán recibe á Peña FS coa ausencia de Chispa e a dúbida de Botel
A partir das 19:00 horas no Coto Ferreiro
O A Estrada Futsal Vasán-Inversia medirase hoxe, a partir das 19.00 horas no pavillón Coto Ferreiro, á Pena Talleres ABC. Marcos Sesar non poderá contar neste partido con Chispa, por motivos laborais, mentres case está descartado Botel por lesión, en espera da súa evolución de última hora.
Os estradenses reciben a un rival en teoría inferior, que só gañou un dos seus cinco partidos aínda que empatou dous, os mesmos que o Vasán-Inversia, que liquidou con vitorias os outros tres. Pero ao adestrador local dálle igual o rival na casa, sexa o líder ou o último clasificado. «Temos que lograr os tres puntos sempre e pode ser un partido propicio pero para querer estar pelexando polos postos altos da clasificación non podemos deixarnos puntos na casa», incidiu Marcos Sesar.
O adestrador mostrouse contento coa evolución do equipo, ao cortar a sangría de goles da pasada tempada. Era un dos obxectivos marcados e estase cumprindo, situándose entre os que menos encaixan na súa portería. Mentres, si continúa a efectividade en ataque, como segundos máximos goleadores polo momento. Pero para Sesar débese seguir mellorando en distintas facetas do xogo e prevé elevar o listón dos adestramentos, tras atisbar un pequeno baixón, e evitar que afecte ao xogo.
(La Voz de Galicia, 07/11/2015).