O Pastelería Cervela-A Estrada Futsal preséntase oficialmente en Padrón

Alevin.Padron

O Pastelería Cervela-A Estrada Futsal abriu o Torneo Terras de Iria na categoría alevín enfrontándose na primeira semifinal ao CD Liga Local de Santiago.

O torneo é organizado pola Asociación Deportiva Terras de Iria, e nel participan na categoría alevín o CD Rois, Pastelería Cervela-A Estrada Futsal, EFS Salnés e o Ventorrillo Fs.

O partido comezou cun lixeiro dominio do equipo de Rois e froito do mesmo adiantábase no marcador colocando o 1-0 no electrónico do pavillón de deportes padrones. Os pupilos de José, en vez de virse abaixo, lograron equilibrar o partido por medio dun gol en propia meta tras un saque de esquina. De novo o Rois conseguía o 2-1, pero novamente o equipo estradense conseguía a igualada por medio de Jesús retirándose ao vestiario para afrontar a segunda metade.

De novo o Rois poñíase por diante co 3-2, pero de seguida, outra vez con gol Jesús, se equilibraba o marcador. A partires dese momento, o Pastelería Cervela foi o claro dominador do partido e, primeiro cun gran gol de Pablo Rivadulla desde medio campo e logo Rami, cun forte disparo desde fóra da área, colocaron o 3-5 no marcador e accedían á final do torneo para enfrontarse ao gañador do partido FFS Salnés e Ventorrillo FS.

O quinteto incial do Pastelería Cervela estivo formado por: Adrián, Rami, Alex, Andrés e Jesús. Tamén xogaron: Kevín, Pablo Rivadulla e Pablo Sanmartín.

O partido da final enfrontábanos ao FFS Salnés (selección de xogadores desta comarca) que se presentou ao torneo cunamplo equipo de xogadores, fronte aos oito cos que contaba o equipo estradense. Desde o comezo viuse a superioridade do equipo pontevedrés que se adiantaba no primeiro minuto no marcador poñendo o 1-0 no electrónico. Este gol pesou como unha lousa nos xogadores do Pastelería Cervela e a pesares dos esforzos que estaban a facer na pista, víanse incapaces de frear as oleadas do equipo do Salnés. A primeira metade remataba cun claro 4-0 e deixaba sentenciada a final.

A segunda parte foi algo máis igualada. O equipo estradense asentouse na pista e dispuxo de varias ocasións para inaugurar o marcador e acortar as distancias; pero foi de novo a selección do Salnés que puxo o definitivo 6-0 no electrónico e gañando esta primeira edición do Torneo Terras de Iria de categoría alevín.

O quinteto incial do Pastelería Cervela estivo formado por: Adrián, Pablo Rivadulla, Pablo Sanmartín, Rami, Jesús e Kevin. Tamén xogaron: Alex, Andrés e Rami.

O equipo fixo un bo torneo acadando o segundo posto, o que nos permite ser optimistas de cara ao comezo da liga.

helvetia
Samaná
Edente
Aluminios Campos
Centro Médico San Paio
Start Motor
Reale Seguros
Vidromoss
 
Copyright © 2026 aestradafutsal. All Right Reserved.
Powered By Joomla Perfect