O Vasán-Cubik incorpora ás súas filas ao porteiro Hugo, procedente do Cuntis
O xogador foi presentado onte por Reboredo e García
Hugo (centro), na súa presentación onte xunto a Reboredo e García.
O Vasán-Cubik Seguros A Estrada Futsal presentou na tarde de onte a un novo porteiro que defenderá as súas cores a partir da próxima campaña. Trátase de Hugo Mosteiro González, un nova meta de 22 anos procedente das filas do Cuntis Fútbol Sala que milita na división Provincial.
Nacido en Paradela, no municipio pontevedrés de Meis, Hugo formouse no equipo da Junquera, de Vilagarcía de Arousa, conxunto no que militou durante tres tempadas, da 2010/2011 á 2012/2013: a primeira delas, en Terceira Nacional, mentres as dúas seguintes fíxoo en Segunda B. Pasou máis tarde ao Praia Pontevedra de categoría provincial, para recalar o pasado ano no Cuntis Fútbol Sala -club con que o Vasán-Cubik mantén un acordo de fidelidade desde outubro do pasado ano- da mesma categoría, onde xogou esta campaña 2014/2015.
Hugo, que foi compañeiro xa de Tojo, Mojuro e Juáncar na súa traxectoria, incorpórase agora á disciplina do conxunto que adestra Marcos Sesar, tras ser presentado onte polo presidente do Vasán-Cubik, José Manuel Reboredo, e polo vicepresidente do conxunto estradense, Álex García.
(La Voz de Galicia, 09/06/2015).
O Vasán-Cubik ficha ao xogodar do filialHugo Mosteiro
O porteiro incorpórase ao cadro do Coto Ferreiro para cubrir a marcha de Maricho
O Vasán-Cubik A Estrada Futsal comezou coas novas incorporaciones de face á próxima tempada. Onte o equipo directivo fixo oficial a presentación do que será o novo porteiro do conxunto estradense. Trátase de Hugo Mosteiro, xogador do filial de Cuntis. O seu aterrizaje no cadro do Coto Ferreiro vén motivado para dar resposta á baixa do emblemático Maricho.
Segundo explicaron desde a dirección do Vasán-Cubik, Mosteiro ten 22 anos e é natural do concello pontevedrés de Meis. Tal e como resaltaron, o mozo arquero conta con ampla experiencia no mundo do fútbol sala. Detallaron que estivo dous anos xogando en Terceira División na Junquera e un ano en Segunda B. A últimos pista pola que pasou o novo fichaje é a do Cuntis, no que estivo unha única tempada. "Conseguimos solucionar o seu desprazamento desde Meis", indicou onte Álex García, directivo do Vasán-Cubik. Agora confían no seu bagaje para afrontar o próximo ano e agardan que a relación que establecen agora co xogador "sexa duradera" e que se desenvolva segundo as súas previsións.
García subliñou, ademais, que o proxecto que perseguen para o Vasán-Cubik é formar un equipo baseado en xente da Estrada pero matiza que a alta competencia pon difícil o labor. Por iso, en ocasións recorren a traer xogadores de fóra do municipio. Recordou así o caso doutros xogadores como Mouro ou Toxo, aos que xa considera de casa. "Podemos dicir que son case estradenses, están moi involucrados na vida de aquí".
En canto a Hugo Mosteiro, a directiva do A Estrada Futsal esperan que aproveite esta oportunidade para unirse "á familia" do Vasán-Cubik mentres goza do deporte. "É unha oportunidade para el, ao mesmo tempo que vén divertirse e a aprender", din, e engaden que este xogador aterra con grandes capacidades e con "moita proxección" deportiva.
(Faro de Vigo, 16/09/2015).